III Reunión científica de la Red

Desde a Rede de animais transxénicos de Galicia (RATGA) financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria queremos convidarvos a participar na III Reunión Científica da Rede, “Novos modelos para novos tempos”, que terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro na aula Magna do Edificio Novoa Santos, Campus Vida,  Santiago de Compostela.
Ademais de charlas curtas por parte de membros da rede, contaremos coa participación de Lluís Montoliú (CNB-CSIC, Madrid), que falará do sistema CRISPR/CAS9 no rato; e de Alberto Villanueva (IDIBELL Barcelona), que nos falará da súa experiencia con modelos PDX ortotópicos de tumores.
Queremos abrir a xornada á participación de todos os que esteades interesados no uso de animais transxénicos. Contamos convosco, tanto coa vosa asistencia como coa presentación dos vosos modelos e resultados. Para iso, pedímosvos que por favor enviédesnos (antes do 15 de outubro) un correo-e (info@ratga.gal) con número de participantes do voso laboratorio, interese en dar unha charla breve, título da charla, relator e un breve resumo da mesma.

RATGA, Rede de Animais Transxénicos de Galicia

21 de octubre de 2015

Aula Magna do Edificio Novoa Santos, Campus Vida,  Santiago de Compostela.