Grupo de NeuroDesenvolvemento (NEDE)

O grupo de NeuroDesenvolvemento (NeDe) ten como principal obxectivo estudar os aspectos claves da maduración e diferenciación das células nai neurais (neural stem cells, NSC) como medio para afondar no coñecemento de dous aspectos claves da fisiopatoloxía do Sistema Nervioso: a neurorrexeneración e a transformación de células neurais.

No primeiro caso, os nosos estudios céntranse en investigar o papel de hormonas e factores de crecemento na regulación da proliferación e diferenciación das NSC , co obxectivo final de atopar tratamentos que poidan ser utilizados para minimizar o dano cerebral en diferentes situacións patolóxicas (traumatismos, accidentes cerebrovasculares, enfermidades neurodexenerativas) ou conseguir reparar (rexenerar) o tecido nervioso unha vez producido o dano.

A nosa segunda liña de investigación céntrase en analizar o papel das NSC no proceso oncoxénico, máis concretamente, en estudar a capacidade que teñen as NSC para formar tumores, e na utilización deses tumores para ensaiar posibles tratamentos antitumorales.

Contacta

Víctor Manuel Arce Vázquez

victor.arce@usc.es