• Twitter
  • Mail
  • Galego Galego Galego gl
  • Español Español Spanish es
  • English English English en
RATGA Rede de Animais Transxénicos de Galicia
  • INICIO
  • GRUPOS
  • ACTIVIDADES
  • DOCUMENTACIÓN
  • RATGA
  • Search
  • Menu

Que é RATGA

A Rede de Animais Transxénicos de Galicia (RATGA) naceu no ano 2004 como unha inciativa dun conxunto de investigadores das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, interesados na creación dunha serie de recursos e infraestruturas destinadas á mellora da investigación biomédica con modelos animais e, máis concretamente, con ratos modificados xeneticamente. Desde a súa creación, a rede centrouse en dous obxectivos básicos. Por unha banda, mellorar a formación dos investigadores galegos que utilizan animais de experimentación, tanto en aspectos técnicos como éticos e legais; e pola outra, crear unha serie de infraestruturas de investigación de uso común. Actualmente forman parte da rede máis de 50 investigadores pertencentes a sete grupos de investigación radicados na Universidade de Santiago de Compostela (nos campus de Santiago de Compostela e Lugo) e no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS).

Ao longo destes anos a súa actividade estivo centrada fundamentalmente en tres obxectivos fundamentais:

  • En primeiro lugar, servir de nexo de comunicación entre aqueles grupos da nosa comunidade que utilizan Animais Modificados Xeneticamente (AMXs) nas súas liñas de investigación, co fin de conseguir o máximo aproveitamento dos recursos existentes, establecendo unha estratexia de traballo común que permita xerar novos recursos útiles, non só aos membros da Rede, senón tamén á comunidade científica.
  • En segundo lugar, a formación no ámbito do animal de laboratorio e,
  • en terceiro lugar a divulgación entre a comunidade científica e a sociedade no seu conxunto da utilizade dos modelos de patoloxías humanas baseados en animais modificados xeneticamente

Estes obxectivos concrétanse nas seguintes liñas de traballo:

  • Establecemento e mantemento do Banco de Tecidos e Células
  • Xeración e xestión da Unidade de Criopreservación
  • Oferta de actividades de formación
  • Difusión e Divulgación científica

Contacta con nós

Enderezo electrónico

info@ratga.gal

Search

USC USC
USC


USC

USC

ÚLTIMAS NOTICIAS

  • Estreamos nova web04/09/2016 - 22:47

Contacto

info@ratga.gal
Followon TwitterSubscribeto RSS Feed
© Copyright - RATGA Rede de Animais Transxénicos de Galicia
  • Twitter
  • Mail
Scroll to top
Esta web usa cookies para mejorar su experiencia. Algunos usuarios prefieren no habilitarlas. Si es tu caso, puedes administrarlas en tu navedor. / This website uses cookies to improve your experience. We'll assume you're ok with this, but you can opt-out if you wish.Entendido / OK Más información / Read More
Política de Cookies / Cookies Policy
Necessary Always Enabled