Zebrabiores

O grupo ZebraBioRes dedícase á investigación básica e traslacional en biomedicina, toxicoloxía e nanomedicina. O noso grupo colabora con diferentes institucións e empresas tentando dar solución, desde un enfoque interdisciplinario, a diferentes problemas biolóxicos.

A xenómica en especies acuáticas con interese para a acuicultura é outro dos nosos obxectivos, fundamentalmente centrada nos xenes relacionados coa determinación do sexo.

O peixe cebra é unha animal modelo emerxente cun elevado potencial como ferramenta de cribado debido ás súas vantaxes: ten un alto grao de similitude xenética cos seres humanos, facilidade de manexo e reprodución e outras. É unha poderosa ferramenta para a investigación biomédica nos estudos preclínicos ou ensaios toxicolóxicos para a acuicultura. Os xenotrasplantes, estudos toxicolóxicos e a edición do xenoma coa tecnoloxía CRISP/Cas9 son as nosas áreas de investigación principais, as cales están baseadas no modelo in vivo e as súas numerosas vantaxes.

Ofrecemos investigación personalizada e servizo de ensaios para “screening drugs”. Ademais realizamos ensaios de laboratorio para o estudo da toxicidade, seguridade e eficacia (biodistribución e xenograft) usando o organismo modelo peixe cebra. Contamos con tecnoloxía avanzada en microscopía confocal que nos permite realizar imaxes en 3D e en tempo real.

Doutra banda, ofrecemos estudos de toxicoxenómica a través de qPCR e microarrays.

Liñas de investigación

  • Toxicoxenómica/Toxicoloxía
  • Xenotransplantes
  • CRISPR
  • Xenómica aplicada á acuicultura