StemCHUS – Grupo Células Madre en Cáncer y Envejecimiento

No grupo de Células Nai en Cancro e Envellecemento estamos interesados no uso de animais modificados xeneticamente para o estudo de procesos crave no desenvolvemento do cancro e para entender mellor os mecanismos que gobernan o proceso de envellecemento.

Unha das ferramentas básicas nos nosos estudos é o sistema de reprogramación celular que permite a indución de pluripotencia en células somáticas diferenciadas. Para abordar estes estudos in vivo obtivemos un rato transxénico que porta un cassette policistrónico para a expresión inducible dos factores Yamanaka: Oct4, Sox2, Klf4 y c-Myc (Tg(tetO-Pou5f1,-Sox2,-Klf4,-Myc)1Srn).

En moitas das nosas liñas de investigación xoga un papel crave un xene esencial no desenvolvemento embrionario, pero que mantén tamén a súa expresión en células nai multipotentes adultas, o xene Sox2. Para entender mellor a implicación das células que expresan Sox2 en procesos de cancro e en envellecemento posuímos un rato knockin do xene Timidina Kinasa do Virus Herpes Simplex (HSV-TK) inserido no locus de Sox2 (Sox2tm3(TK)Hoch). Estes animais presentan células Sox2+ que son sensibles ao fármaco ganciclovir, o que permite a depleción inducible e controlada das devanditas células.