Grupo de Oncoloxia Molecular

A necesidade de desenvolver terapias personalizadas, no caso de procesos tumorais, leva non só a un mellor coñecemento dos eventos moleculares implicados na patoxénese do cancro, senón tamén o deseño de modelos experimentais que permitan o estudo dos efectos da activación de certos oncoxenes e/ou a inactivación de xenes supresores de tumores na resposta á terapia antitumoral. Polo tanto, combinamos ámbolos dous aspectos, desenvolvendo modelos de cancro que permitan estudar o papel que certas mutacións xogan na patoxénese, e a resposta a determinados tratamentos. A pesar de que as bases moleculares dos tumores é complexo, existen características comúns a todos eles, como son a activación aberrante de certas vías de sinalización, así como a inactivación de vías dependentes de supresores de tumores. A pesar de que nos pasados anos, houbo grandes avances no coñecemento da fisiopatoloxía dalgúns tipos tumorais, poucos modelos preclínicos son capaces a recapitular as características destes tumores, como son a capacidade de invasión, a heteroxeneidade celular, ou a neoanxioxénese. Por todo elo, o principal obxectivo do noso grupo é a xeración de modelos de cancro humano que permitan non só unha mellor comprensión, a nivel molecular, da etiopatoxénese da enfermidade, senón tamén facilitar o desenvolvemento de novos fármacos que permitan unha mellor aproximación terapéutica. Os modelos utilizados son baseados na combinación de sistemas inducibles do evento oncoxénico inicial, e sistemas diagnósticos non invasivos que permitan o seguimento in vivo do proceso oncoxénico.